Número de libros encontrados: 5
Plus Ultra.Transición ao futuro
Alberto Varela volve á banda deseñada de carácter histórico cunha obra ambientada na época da Transición. Pepe Pardiñas é un emigrante galego retornado de Suíza con coñecementos do mundo da ufoloxía e do paranormal...
Wolfram
1939, a Guerra Civil española remata pero un conflito moito máis grande está a piques de estoupar en Europa e no mundo, no que as novas tácticas e as novas armas van facer do volframio un mineral esencial e escaso no planeta...
Ulf de Jakobsland
Finais do século XI. Un vello conde danés, antigo xefe viquingo agora convertido ao cristianismo, arriba ás costas de Faro Brigantium, a primeira etapa da súa peregrinación ata Santiago de Compostela, na terra onde se fixo famoso como guerreiro...
Dona Landra no Río Revolto
No río cada ano hai máis porcallada. Plásticos, latas ferruxentas, pneumáticos, lavadoras... Os animais, como a garza, o salmón, a lamprea, a troita, o parruliño, a libeliña, a lontra ou a donicela estanse afacendo a vivir con todo isto, pero unha masa verde e fedorenta remata coa súa tranquilidade...